Estatutos


Artículo 1º
  1. Constitúese unha asociación sen ánimo de lucro das previstas na Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación. A asociación ten a seguinte denominación “SOCIEDAD ESPAÑOLA DE CRONOBIOLOGíA APLICADA Y CRONOTERAPIA"
  2. A asociación rexerase polos ditos estatutos, pola Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo e pola demais lexislación existente en materia de asociacións que lle sexa aplicable.
Artículo 2º

O domicilio social da asociación radicará no Laboratorio de Bioingeniería y Cronobiología da Universidade de Vigo (sito na E.T.S.I. Telecomunicación, Campus Universitario, Lagoas (Marcosende) s/n, 36310 Vigo, Pontevedra; teléfono 986 812 148; correo-e: rhermida@uvigo.es). No parece muy lógico que sea tu correo electrónico personal; estos son los estatutos, y no debería haber que cambiarlos por una chorrada como ésa.

Artículo 3º

A asociación, en funcións dos seus fins e do emprazamento do seu domicilio social, exercerá fundamentalmente as súas actividades no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia. Supongo que esto es algo que pones por alguna buena razón, porque no veo el motivo de esta restricción.

Artículo 4º

1.-A asociación constitúese por tempo indefinido e só se disolverá, conforme a estes estatutos, pola vontade dos asociados expresada en Asemblea Xeral Extraordinaria ou polas causas previstas na lexislación vixente.

2.- A asociación rexerase segundo os principios democráticos contidos no marco da Constitución e o resto do ordenamento xurídico.

Artículo 5º
  1. Son fins principais da asociación:
    1. Desenvolvemento científico dos temas relacionados coa cronobioloxía aplicada e a cronoterapia.
    2. Promoción da divulgación dos temas relacionados coa cronobioloxía aplicada e a cronoterapia.
  2. Para levar a cabo os seus fins, a asociación poderá organiza-las seguintes actividades:
    1. Celebración de congresos científicos.
    2. Celebración de cursos ou seminarios relacionadas cos temas da cronobioloxía aplicada e a cronoterapia.
    3. Promoción da divulgación científica da cronobioloxía aplicada e a cronoterapia. Esto no es una actividad; de hecho es, literalmente, el segundo fin principal
    4. Editar boletíns ou revistas de información sobre cronobioloxía aplicada e a cronoterapia.
    5. Potenciar intercambios con outras sociedades científicas rexionais, nacionais o internacionais.
  3. Esta Sociedade pode integrarse naquelas Federacións de Sociedades, nacionais e internacionais, que sexan compatibles cos seus Estatutos e faciliten a consecución dos seus obxectivos.

Os beneficios que se obteñan por calquera concepto destinaranse exclusivamente ó cumprimento destes fins, sen que se poidan repartir entre os asociados nin outras persoas físicas ou xurídicas con interese lucrativo.

Artículo 6º.

1- A condición de membro adquírese mediante solicitude de admisión dirixida a Xunta Directiva e acordo favorable desta. Pérdese tal condición por vontade expresa do membro ou por incumprimento dos seus deberes sociais, segundo criterio da Asemblea Xeral.

2.- Os membros poden ser individuais ou institucionais ¿empresas?. Os membros institucionais deberán firmar coa Sociedade un convenio que especifique as bases da súa colaboura con ela.

3.-Os acordos de admisión de membros individuais tomaraos a Xunta Directiva, unha vez recibida a petición por escrito da persoa que desexa ser admitida.

4.- A Xunta Directiva pode propor á Asemblea Xeral o nomeamento de Membros de Honra para aquelas persoas que contribuíran notoriamente á consecución dos obxectivos da Sociedade.

5.- Os membros institucionais acreditarán perante a Sociedade, en cada Asemblea, á persoa en quen delegan esta función.

6.- Os membros individuais satisfacen unha cota anual decidida pola Asemblea Xeral. Os membros institucionais satisfacen a cota que anualmente se estipule en función do seu convenio coa Sociedade.

Artículo 7º

Dentro da Sociedade poderán existi-las seguintes clases de asociados:

Fundadores, aquelas persoas que subscribiron a acta fundacional.

Numerarios, aquelas persoas que ingresaron con posterioridade á subscrición da acta fundacional.

Honorarios, aquelas persoas que, a xuízo da Asemblea Xeral, axuden de xeito notable ó desenvolvemento dos fins da Sociedade.

Artículo 8º.

1.-A condición de membro pérdese:

Por vontade expresa do membro.

Por falta de pago de 2 cotas.

Por incumprimento das súas obrigas ou a realización de accións que prexudiquen gravemente ós intereses da Sociedade, segundo criterio da Asamblea Xeral.

Por falecemento da persoa física ou extinción da persoa xurídica.

2.-A expulsión de membros nos supostos dos apartados b) e c) do parágrafo anterior, será acordada pola Xunta Directiva, logo da audiencia do interesado. O acordo de expulsión deberá ser ratificado pola Asemblea Xeral Extraordinaria e contra a súa resolución poderase recorrer ante a xurisdición ordinaria. ¿Seguro que tiene que ser Asemblea Xeral Extraordinaria? ¿No valdría una ordinaria? Es que puede ser un poco lío montar una asamblea específica para echar a un pelao por falta de pago.

Artículo 9º

Os membros teñen os seguintes dereitos:

1. Participar nas actividades da Sociedade e nos órganos de goberno e representación, exerce-lo dereito de voto, así como asistir á Asemblea Xeral, de acordo cos estatutos.

2. Ser informado da composición dos órganos de goberno e representación da Sociedade, do seu estado de contas e do desenvolvemento da súa actividade.

3. Ser oído con carácter previo á adopción de medidas disciplinarias contra él e ser informado dos feitos que dean lugar ás ditas medidas, debendo motivarse o acordo que, no seu caso, impoña a sanción.

4. Impugna-los acordos dos órganos da Sociedade que estime contrarios á lei ou ós estatutos.

Os membros honorarios non intervirán na dirección da Sociedade nin nos órganos de representación dela. Os membros honorarios están facultados para asistir ás asembleas xerais con voz, pero sen voto.

Artículo 10º

Son obrigas dos membros:

1. Comparti-las finalidades da asociación e colaborar para a súa consecución.

2. Paga-las cotas que se establezan.

3. Desempeña-los cargos para os que foron elixidos.

4. Acatar e cumpri-los acordos validamente adoptados polos órganos de goberno e representación da asociación.

5. Acata-lo contido dos estatutos.

6. Ter unha boa conduta individual e cívica.

Artículo 11º

A dirección e administración da Sociedade serán exercidas polo presidente, a Xunta Directiva e a Asemblea Xeral.

Artículo 12º.

1.- O presidente da Sociedade será designado pola Asemblea Xeral entre os membros fundadores e o seu mandato durará catro anos, aínda que pode ser obxecto de reelección indefinidamente. Será asistido nas súas funcións por un vicepresidente, que o substituirá nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade.

¿Entre los fundadores? Entiendo que quieres mantener las riendas, pero no sé si esto pasaría un mínimo análisis jurídico.

Respecto al vicepresidente, si es Diana, vuestras ausencias van a coincidir muchas veces.

2.- O presidente terá as seguintes atribucións:

Representa-la Sociedade perante calquera organismo público ou privado.

Convocar e presidi-las sesións que celebre a Xunta Directiva; presidi-las sesións da Asemblea Xeral; dirixi-las deliberacións dunha e outra, e decidir con voto de calidade, no caso de empate.

Executa-los acordos adoptados pola Xunta Directiva e a Asemblea Xeral.

Ordena-los pagamentos acordados validamente.

Asina-las actas, certificados, pagamentos e outros documentos da asociación xunto co secretario ou membro da Xunta Directiva a quen lle corresponda a elaboración do documento de que se trate.

Artículo 13º.

1.- A Xunta Directiva estará formada polo presidente da Sociedade, un vicepresidente, un secretario, un tesoureiro e ata un máximo de seis vocais.

2.- Os cargos que compoñen a Xunta Directiva serán desempeñados de forma gratuíta, sen prexuízo do dereito a ser reembolsados dos gastos debidamente xustificados en que poidan incorrer por actuacións relacionadas coa Sociedade.

As persoas elixidas para estes cargos deberán carecer de interese económico nos resultados das actividades levadas a cabo pola Sociedade.

3.- A Asemblea Xeral será a competente para elixi-los cargos da Xunta Directiva ¿entre quiénes?. A súa duración será por un período de dous anos, aínda que poden ser obxecto de reelección indefinidamente.

Quizá debiera homogeneizarse la duración con la de la presidencia (artículo 12). Así queda un poco raro.

4.- Os cargos cesarán na súa función por:

a) facelemento da persoa física ou extinción da persoa xurídica.

b) renuncia voluntaria.

c) transcurso do prazo para o que foron elixidos.

d) acordo de cesamento de toda a Xunta Directiva adoptado por 2/3 dos membros reunidos en Asemblea Xeral extraordinaria convocada para tal efecto, sempre que o número de votos emitidos supere o 50% dos membros da Sociedade.

Estos números pueden hacer imposible la eliminación de un indeseable que pueda llegar a colarse en la dirección, salvo que esperes los cuatro años (y no se reelija), lo renuncies o lo fallezcas de algún modo.

A renuncia e o transcurso do prazo non dan lugar ó cesamento automático, senón que se deberá facer un efectivo traspaso de poderes con entrega de documentación e posta ó día do sucesor.

As vacantes que se puideran producir durante o mandato de calquera dos membros da Xunta Directiva, serán cubertas provisoriamente entre os ditos membros ata a elección definitiva pola Asemblea Xeral ¿qué quiere decir esto de que las vacantes se cubren con miembros de la propia Junta? Supongo que, obviamente, sólo se trata de los cargos no vocales porque, si no, no tiene sentido. En calquera caso, a Xunta Directiva debe estar integrada como mínimo por 3 persoas, que exercerán as funcións de presidente, secretario e tesoureiro.

Artículo 14º

A Xunta Directiva terá as seguintes atribucións:

1. Programar e dirixi-las actividades asociativas.

2. Leva-la xestión administrativa e económica da Sociedade.

3. Someter á aprobación da Asemblea Xeral o orzamento anual de ingresos e gastos, así como o estado de contas do ano anterior.

4. Convocar e fixa-la data da Asemblea Xeral.

5. Propoñerlle á Asemblea Xeral a fixación de cotas ordinarias e extraordinarias para os membros.

6. Designa-las comisións de traballo ou seccións que se estimen oportunas para o bo funcionamento da Sociedade.

7. Ditar normas interiores de organización e exercer cantas funcións non estean expresamente asignadas á Asemblea Xeral.

8. Resolver sobre as solicitudes de ingreso de novos membros.

9. Propoñe-lo plan de actividades da Sociedade á Asemblea Xeral para a súa aprobación, impulsando e dirixindo as súas tarefas.

10. Resolve-los procedementos disciplinarios que se instrúan.

11. Aquelas que non veñan atribuídas expresamente á outro órgano da Sociedade.

Artículo 15º.

1.- A Xunta Directiva será convocada polo presidente, a iniciativa propia ou a petición de dous dos seus compoñentes. Dado que el número de vocales no está fijado, ¿no sería mejor expresarlo en porcentaje?

2.- Para que os acordos da Xunta Directiva sexan válidos, deberán ser adoptados pola maioría de votos dos asistentes, sendo necesaria a concorrencia, polo menos, da metade máis un dos seus membros e, en todo caso, do presidente ou vicepresidente e o secretario ou persoa que o substitúa.

O secretario ou, no seu defecto, o vocal que o substitúa, levantará acta das sesións, que se transcribirá ó libro de actas.

Artículo 16º

Os membros da Xunta Directiva presidirán as comisións que a propia Xunta acorde constituír, co fin de delegar nelas a preparación de determinados actos ou actividades, ou de acadar delas as informacións necesarias. Formarán parte das ditas comisións o número de membros que acorde a Xunta Directiva, a proposta dos seus respectivos presidentes.

Artículo 17º

A Asemblea Xeral de membros é o órgano de expresión da vontade da Sociedade e estará formada por tódolos integrantes desta. O presidente e o secretario da asemblea serán o presidente e o secretario da Xunta Directiva.

Artículo 18º

A Asemblea Xeral reunirase con carácter ordinario como mínimo unha vez ó ano, e con carácter extraordinario cantas veces o acorde a Xunta Directiva, ou o soliciten o 20% dos socios. Neste último caso realizarase por medio de escrito dirixido ó presidente, autorizado coas sinaturas dos solicitantes, no que se expoña o motivo da convocatoria e a orde do día.

Artículo 19º

Tanto a Asemblea Ordinaria como a Extraordinaria serán convocadas con alomenos 15 días de antelación polo/a presidente/a da Xunta Directiva. A notificación farase nos locais da Sociedade para as asembleas ordinarias e no domicilio dos membros para as asembleas extraordinarias. ¿página web, correo electrónico? En los locales no se va a enterar ni Dios, con lo que no habrá forma de conseguir quorum. Quizá debería ser obligatorio el proporcionar una dirección de correo electrónico a la que se sabe expresamente que se remitirá toda la información y convocatorias de la Sociedad.

Artículo 20º

Serán competencias da Asemblea Xeral Ordinaria:

Aproba-lo plan de actividades.

Examinar e aproba-las contas e balances do exercicio anterior.

Aproba-los presupostos de ingresos e gastos para cada exercicio.

Exame e aprobación das cotas.

Artículo 21º

Serán competencias da Asemblea Xeral Extraordinaria:

Modifica-los estatutos da Sociedade.

Elixir e cesa-los integrantes da Xunta Directiva.

Aproba-la federación con outras asociacións.

Autoriza-lo alleamento, gravame ou hipoteca de bens sociais.

Acorda-la disolución da Sociedade.

Designa-los/as liquidadores/as.

Ratifica-la expulsión de membros a proposta da Xunta Directiva. ya dije antes lo que opino de este punto

Solicita-la declaración de utilidade pública da Sociedade.

Aproba-lo regulamento de réxime interno da Sociedade.

As que sendo de competencia da asemblea ordinaria, por razóns de urxencia ou necesidade, non poidan agarda-la súa convocatoria, sen grave prexuízo para a Sociedade.

Tódalas non conferidas expresamente á Asemblea Xeral Ordinaria ou a Xunta Directiva.

Artículo 22º

A Asemblea Xeral quedará válidamente constituída sempre que concorran a metade máis un dos membros na primeira convocatoria ou transcorrida media hora en segunda convocatoria, con calquera número de asistentes, pero, en todo caso, coa presenza do presidente ou vicepresidente e o secretario ou persoa que o substitúa.

Artículo 23º

Os acordos adoptados deberán selo polo voto afirmativo da maioría simple dos asistentes ou representados, excepto os relativos ós apartados do 1 ó 7 do artigo 21º, que requirirán maioría de dous terzos (según el artículo 13, apartado 4, también rige para el 2; también va en contra del artículo 38). A continuación levaranse os acordos ó libro de actas e asinarao o/a presidente/a, o/a secretario/a ¿por qué te entró el rollito sexista aquí, si no había aparecido antes? da Asemblea. A acta deberá ser lida (mejor presentada, que si no va a haber que leerlas de verdad) na seguinte sesión celebrada pola Asemblea Xeral e aprobada pola maioría dos membros presentes.

Artículo 24º

Os acordos adoptados conforme ós preceptos anteriores obrigarán a tódolos membros, incluso ós non asistentes.

As sesións abriranse cando así o determine o presidente. Seguidamente procederase por parte do secretario á lectura da acta da asemblea anterior que deberá ser aprobada.

Posteriormente, o secretario procederá a presenta-la orde do día. Cada punto será informado polo membro da Xunta Directiva ao que lle corresponda, procedéndose ó debate e a aprobación dos correspondentes acordos nos termos contidos nestes estatutos, segundo a materia de que se trate.

Artículo 25º

Os acordos que vaian contra estes estatutos ou infrinxan os fins da Sociedade poderán ser recorridos en reposición diante da Asemblea Xeral. A partir da resolución do recurso de reposición, quedará expedita a vía para recorrer perante a xurisdición ordinaria.

Artículo 26º

1. O secretario recibirá e tramitará as solicitudes de ingreso, levará o ficheiro e o libro rexistro de membros e terá ó seu cargo a dirección dos traballos administrativos da entidade. Correspóndelle, así mesmo, notifica-las convocatorias, custodia-las actas e expedir certificacións destas co visto e prace do presidente. O secretario tamén levará o inventario dos bens da asociación nun libro establecido para este efecto.

2. Nos casos de ausencia, vacante ou enfermidade do secretario, o presidente designará entre os vocais a un que desenvolva esta función.

Artículo 27º

1. O tesoureiro recadará e custodiará os fondos pertencentes á Sociedade, dará cumprimento ás ordes de pagamento que expida o presidente, levará a contabilidade da Sociedade, tomará razón e levará conta dos ingresos e dos gastos asociativos, elaborará o borrador de orzamentos da Sociedade así como as contas de resultados e balances.

2. O tesoureiro ten a obriga de proceder ó peche do exercicio orzamentario antes do 15 de decembro.

Artículo 28º

Os vocais terán as seguintes atribucións:

Realizar programas e propostas na súa área de actuación.

Desempeña-los traballos que lle sexan encomendados pola Xunta Directiva.

Artículo 29º

O peche do exercicio económico coincidirá co do ano natural.

Artículo 30º

A Sociedade funcionará en réxime de presuposto anual, con partidas diferenciadas de ingresos e gastos. O borrador de presuposto será elaborado polo tesoureiro da Sociedade, a fin de que poida ser aprobado pola Asemblea Xeral.

Artículo 31º

A asociación manterase dos seguintes recursos:

As cotas periódicas dos membros.

As cotas extraordinarias que propoña a Xunta Directiva e sexan aprobadas pola asemblea.

As doazóns ou subvencións que poidan conceder órganos públicos, entidades privadas ou particulares.

Os ingresos que se poidan recibir polo desenvolvemento das actividades da Sociedade.

Calquera outro ingreso admitido pola normativa vixente para actividades non lucrativas.

Artículo 32º

A Asemblea Xeral Ordinaria, a proposta da Xunta Directiva, aprobará tanto as cotas ordinarias como as extraordinarias que non serán reintegrables en ningún caso. O recadado dedicarase a atende-las necesidades da Sociedade.

Artículo 33º

Anualmente, con referencia ó ultimo día do exercicio económico de cada ano, elaboraranse as contas, que se formalizarán nunha memoria, que será posta a disposición dos membros, durante un prazo non inferior a 15 días ó sinalado para a celebración da Asemblea Xeral Ordinaria, que deberá aprobalas ou censuralas.

Artículo 34º

Para a disposición de fondos das contas que a Sociedade ten nas entidades bancarias será necesaria a sinatura conxunta do presidente e do tesoureiro.

Artículo 35º

Como entidade sen ánimo de lucro, en ningún caso poderán ser distribuídos entre os membros os recursos obtidos pola Sociedade.

Artículo 36º

O regulamento de réxime interno, no seu caso, desenvolverá aquelas materias non contempladas directamente nestes estatutos, como o procedemento de elección dos membros da Xunta Directiva e o procedemento disciplinario, e non pode ir en ningún caso en contra do estipulado neles. En todo caso, o funcionamento interno da Sociedade estará sometido ó ordenamento xurisdicional civil.

Artículo 37º

Os ditos estatutos só poderán ser modificados por acordo da Asemblea Xeral Extraordinaria convocada para tal efecto. Ditas modificacións serán aceptadas sempre que a porcentaxe de votos afirmativos, de entre os emitidos, sexa superior ó 66%, e que o total de votos emitidos supere o 50% dos membros da Sociedade. A convocatoria deberá ir acompañada do texto das modificacións propostas.

Artículo 38º

A Sociedade disolverase voluntariamente por acordo dos membros adoptado por 2/3 dos asistentes á Asemblea Xeral Extraordinaria convocada para tal efecto, sempre que os asistentes superen o 50% dos membros da Sociedade.

Artículo 39º

Acordada a disolución, a Asemblea Xeral Extraordinaria designará tres membros liquidadores, que xunto o/a presidente e o/a tesoureiro/a rollito sexista otra vez, procederán para efectua-la liquidación dos bens, pagando débedas, cobrando créditos e fixando o haber líquido resultante.

Artículo 40º

O haber resultante, unha vez efectuada a liquidación, será adicado a fins científicos ou culturais.

O xustificante da doazón será presentado no Rexistro de Asociacións correspondente para proceder á inscrición da disolución da Sociedade.